Recíclate!


Neste espazo iremos recollendo algunhas boas ideas para aproveitar mellor o lixo que imos xerando no noso día a día.
E para comezar esta sección gustaríanos que vírades o cartel que temos no noso centro para a reciclaxe de materiais orgánicos e que fixeron os alumnos e alumnas de 1º ESO coa profesora Marián Suárez.



Ademáis de facer compost cos restos orgánicos sobrantes das nosas merendas tamén aplicamos a Regra dos tres erres en máis aspectos do noso horto.

Así, os caixóns onde están as hortalizas son pupitres reciclados ¿quen lles diría que ían rematar deste xeito? Posiblemente leven unha vida máis repousada agora...as prantas son compañeiras máis sosegadas...


E falando de reciclar no xardín, mirade qué ideas máis creativas para recuperar eses trastes vellos que sobran en calquera casa...

200 IDEAS PARA REEMPREGAR NO XARDÍN



1 comentario: