Mirade qué xeitosiñas nos quedaron as nosas amorodeiras e tomateiras, xa veredes qué salsas e marmeladas van saír de aí cando comecen a dar froito...Mmmmmm!
luns, 1 de xuño de 2015
O xermolo desta aventura
Os profesores José Luis García Chan e Cristina González Pérez, aos que podemos ver nas fotos de máis abaixo en plena acción, foron os primeiros en crer neste proxecto e en poñelo en marcha xunto cun grupo de alumnos e alumnas de primeiro de ESO, aos que logo se foron engadindo outros profes así como alumnado doutros grupos.
Seica puido influír neles o espírito do Padre Sarmiento e o seu interese pola botánica e as ciencias naturais, e que da nome ao noso instituto?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)